EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños premiados nas Catas de Galicia, en Madrid Fusión Alimentos de España

Publicidade

 

Os viños galegos promociónanse en Madrid Fusión Alimentos de España 2023. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria conta este ano cun posto de 24 m2 na primeira planta do Pavillón, 14 na zona de Madrid Fusión Wine Edition. Neste posto están expostos e poderán degustarse os viños, licores e augardentes premiados nas Catas de Galicia 2022 da man do sumiller Alejandro Padín.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu hoxe a Madrid Fusión, un dos congresos de gastronomía máis influentes do país onde se están a poñer en valor os viños e licores de calidade de Galicia. O evento empezou onte e rematará mañá 25 de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button