EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños valdeorreses promociónanse no Fórum Gastronómico da Coruña

Entre o 10 e o 12 de marzo celebrábanse nesta mostra profesional varias catas comentadas con referencias desta denominación de orixe
Cata comentada de viños de Valdeorras no Fórum Gastronómico da Coruña./ Foto: CRDO Valdeorras.

De “moi exitosas” cualifica o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando, as accións promocionais dos viños valdeorreses que se desenvolveron no marco do Fórum Gastronómico. Así, entre o domingo 10 de marzo e o martes día 12, celebráronse en ExpoCoruña “varias catas comentadas dos nosos viños, dirixidas a público especializado”, indica.

Máis de 24.000 persoas pasaron por ExpoCoruña ao longo destes tres días de intensa actividad do Fórum Gastronómico, superando a cifra da última edición deste consolidado salón. Nel tamén puideron catarse diversas referencias de viños valdeorreses no Túnel do Viño “Galicia en Cata”, xunto con marcas doutras denominacións de orixe galegas. De feito neste salón tamén contaban con presenza outras denominaciós de orixe ourensás como Monterrei e Ribeiro.

E tamén cunha programación propia no marco do Fórum estiveron adegueiros de Valdeorras como Rafael Palacios baixo unha marca e un formato especiais dedicados ao viño: Wine Circus-Fórum Vino, de vocación vangardista.

Estas accións compleméntaronse cos espazos expositores propios que adegas como Quinta da Peza e cooperativas como a Bodega Cooperativa Xesús Nazareno dispuxeron en ExpoCoruña.

Artigos relacionados

Back to top button