
No marco do seu 25 aniversario Vagalume prepárase para celebrar unha nova edición do seu programa estrela, xerme do “interese por acadar unha educación da mellor calidade posible tanto dentro da familia como da escola”, os XXII ENCONTROS FAMILIA-ESCOLA que se celebrarán entres os meses de xaneiro e maio no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
Tal como avanzan dende a organización, “este ano acompañaranos o conselleiro de Educación e continuamos coa temática da saúde mental e benestar emocional infanto-xuvenil”. Concédeselle o Vagalume Douro a Eloy Moreno pola súa contribución á loita contra do acoso escolar (“Invisible”) e o abuso das redes sociais (“Redes”), sendo este acto quen marque o inicio das xornadas o 22 de febreiro.

Tamén formarán parte desta edición Rosa Molina, Psiquiatra namorada de Valdeorras e de Vagalume q quen lle agradecen “a súa contribución no asesoramento que desde Vagalume lle demandamos na atención psicolóxica que realizamos”; Manu Velasco con “Educar coas outras TIC (Tiempo Interés e Cariño). Mestre veciño do Bierzo é un referente en educación. Transmite ilusión, creatividade e pasión en todo o que fai; Rafa Guerrero; Xurxo Mariño, Biólogo Humanista e divulgador, colaborador de diversos medios e revistas especilaizadas, programas de tv como Órbita Laika; Rafa Guerrero; Iñaki Zubizarreta que transmitirá a súa experiencia de acoso escolar, cunha sesión especial para o alumnado pola mañá; e Álvaro Bilbao que clausurará as xornadas.
Estes encontros contra co patrocinio da Deputación de Ourense, Concello do Barco de Valdeorras, Iberdrola, Clúster da Pizarra, Pazo do Castro e Godeval.



