Con bo sabor de boca regresaba da Estrada a Selección Ourensá Masculina de baloncesto, da que forma parte o alevín do MV Barco, Óscar Gómez, que na xornada deste luns 1 de novembro participaba na Xuntanza Minibasket. E non só polo resultado senón pola experiencia, sobre todo despois de tantos meses sen poder xogar.
Os pequenos ourensáns disputaron dous partidos. No primeiro, contra a selección de Arousa, Óscar conseguía 6 puntos, varias asistencias e bo control do xogo durante o 3 cuartos completos que disputou, vencendo finalmente por 62-57. No segundo, contra a selección de Ferrol, as cousas fóronlle máis complicadas enfrontándose a rivais máis altos e perdendo o encontro.
Con todo, o máis importante deste tipo de xuntanzas de base é a relación con nenos doutras provincias, perdendo o medo a competir e resultando unha experiencia moi instrutiva.
Fotos cedidas.