DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A ourensá Andrea Bello, 5ª no campionato de España de salvamento e socorrismo en augas abertas

A deportista do club Salvour chegaba á final en tres das catro probas nas que competíu

Un total de 377 socorristas reuníanse esta fin de semana na localidade coruñesa de Arteixo, para participar no campionato de España de salvamento e socorrismo en augas abertas celebrado na praia de Sabón.

Entres eses deportistas, encadrados en 117 equipos (59 deles xuvenís e 58 júnior) de 38 clubs de once comunidades autónomas, estaba Andrea Bello Armada do Club Salvour que tivo unha destacada participación. Tal como explican dende o club ourensán, das 4 probas nas que participou clasificouse en tres delas para as finais. “Na proba de nadar surf quedou no posto número 11 e no sprint de praia no 8 sendo a súa mellor clasificación na proba de bandeiras cunha meritoria quinta posición”. A súa actuación sitúa ao Salvour na posición número 15 de todos os clubs de España na categoría júnior feminina.

Para finalizar a tempada o club Salvour ten pendente tres citas máis neste mes de xullo. O campionato galego xuvenil e júnior a vindeira semana e, posteriormente, o campionato galego máster e os campionatos absolutos, todos en augas abertas nas praias de Arteixo e Laxe.

 

Fotos: Club Salvour.

Artigos relacionados

Back to top button