OurenseÚltima hora

Ourense acollerá a cuarta edición do ENGHIGA, do 15 ao 17 de outubro

O Concello e a Deputación de Ourense colaborarán con este encontro

A cidade de Ourense acollerá a cuarta edición do Encontro Hispanoamericano BIoceánico de Gastronomía (ENBHIGA), do 15 ao 19 de outubro. O concello de Ourense brindoulle o seu apoio á asociación Cociña Ourense, a cal agrupa a 13 cociñeiros da provincia para esta celebración.

 

O presidente de Cociña Ourense, Miguel González Quintela.

 

Este evento celébrase por primeira vez en España, xa que as edicións anteriores fixéranse en Chile, Arxentina e Costa Rica. “É un investimento en materia turística xa que entre oito e nove millóns de persoas escoitarán eses días falar de Ourense”, explicaba Pérez Jácome, alcalde de Ourense.

O chef Miguel González Quintela (gañador da edición De Tapas por Galicia 2017 e do Concurso de pinchos Sabores de Ourense), presidente de Cociña Ourense, explicaba que “o ENBHIGA non é só promoción dun día”, aínda que será o 17 de outubro, día de feira, o que se centre na cidade de Ourense, “iremos á praza de Abastos, poderemos degustar os produtos típicos de Ourense e que os participantes no encontro coñezan a gastronomía local”.

 

Os membros de Cociña Ourense xunto co presidente da Deputación, Manuel Baltar.

 

O resto do tempo será “para coñecer os produtores de viño da provincia, para realizar contactos coa Escola de Hostalaría de Vilamarín, e para darlle a coñecer ao mundo os potenciais da provincia. Temos ganas de poñer no escaparate todo o que temos en Ourense”, afirmou González Quintela.

 

Artigos relacionados

Back to top button