OurenseÚltima hora

Ourense acollerá en marzo o nacional de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala cadete e xuvenil masculina

da competición, que se celebrará A competición celebrarase do 2 ao 5 no Pazo dos Deportes Paco Paz e o Pavillón dos Remedios

-12.30 horas: Presentación do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala.

 

A cidade de Ourense acollerá do 2 ao 5 de marzo o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala nas categorías cadete e xuvenil masculinas, co apoio da Deputación de Ourense e tendo como sedes da competición o Pazo dos Deportes Paco Paz e o Pavillón dos Remedios.

O torneo era presentado na mañá deste xoves 23 de febreiro na sala de prensa do Pazo Provincial, contando coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán; e o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea.

Manuel Baltar sinalou na súa intervención que “para a Deputación, o deporte é unha das palabras que sempre escribimos en maiúsculas no exercicio da nosa acción pública”. “Falando da creación dun ecosistema deportivo que atraia ao turismo”, remarcou o titular do goberno provincial, “esta competición será o quinto campionato de España que se celebre en apenas un mes en Ourense en distintas disciplinas como atletismo, fútbol sala, remo, piragüismo e hockey, ademais desta fin de semana da etapa ourensá de O Gran Camiño”.

 

Outro momento da presentación.

 

Pola súa banda, José Ramón Lete Lasa defendeu “o crecente ecosistema deportivo de Ourense, mais tamén de Galicia, por ser pioneiros en atraer eventos deportivos de gran nivel”. En canto a este torneo, o secretario xeral para o Deporte explicou que “hoxe estamos aquí presentando o futuro do fútbol sala español, cheo de éxitos polo traballo tamén exitoso pasado e presente que se está a facer”. Lete Lasa tamén destacou a fortaleza do deporte base galego e a participación das seleccións galegas nas dúas categorías deste campionato.

Rafael Louzán salientou na súa intervención que “neste caso as tres administracións están unidas traballando nunha mesma dirección, algo fundamental para traer este tipo de campionatos a Galicia”. “A nosa comunidade é o territorio con maior número de practicantes de fútbol sala de España, e a provincia de Ourense conta cun nivel moi alto en todas as variedades do fútbol, sendo un reflexo da aposta que fan as institucións ourensáns polo deporte”, explicou o presidente da RFGF.

Armando Ojea explicou que “para o Concello de Ourense é un orgullo que un evento deportivo como este teña lugar na nosa cidade, o que fai que se vaia situando no mapa”. Unha competición que, para o tenente de alcalde da cidade, “redunda en beneficio da saúde, da economía e dos valores positivos que transmite o deporte, polo que o Concello sempre estará disposto a colaborar para facer posibles eventos coma este”.

 

 

A competición

O formato de competición é o mesmo para ambas categorías. Ao longo do venres 3 de marzo disputaranse os cuartos de final, alternando os encontros nos dous pavillóns. O sábado 4 de marzo celebraranse as semifinais e o domingo 5 de marzo, exclusivamente no Paco Paz e en horario matinal, terán lugar ambas finais. As seleccións participantes na categoría cadete son Andalucía, Navarra, Murcia, Baleares, Madrid, Galicia, Cataluña e Castela A Mancha. En canto á categoría xuvenil, os combinados que competirán son Cataluña, País Vasco, Castela A Mancha, Melilla, Andalucía, Galicia, Madrid e Murcia.

Artigos relacionados

Back to top button