Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Ourense dá a benvida á primavera coa “queima das Madamitas”

A Pirotecnia Josman foi un ano máis a encargada do espectáculo, acto central da Festa do San Lázaro

Varias figuras con forma humana feitas con papel, arame e pólvora, xirann no soporte sobre o que descansan ata que, de repente, estoupan levantando unha gran fumeira. Atenta, unha multitude de público rodea o espectáculo diante da Subdelegación do Goberno en Ourense. Trátase da queima da Madamitas, o acto central da Festa de San Lázaro coa que cada ano a cidade das Burgas dá a benvida á primavera.

No mediodía do Domingo de Pascua, Ourense despedía o inverno con esta tradicional festa, unha celebración de inicio da primavera, centrada no parque de nome homónimo, que vai unida dende hai anos ás rosquillas que os pais e padriños regalaban aos nenos. Por iso o entorno do parque de San Lázaro, énchese en cada ocasión de postos con roscas, lambetadas e todo tipo de doces.

Un ano máis, a Pirotecnia Josman sorprendía cun espectáculo que facía as delicias de nenos e maiores e que se desenvolvía sen ningún tipo de percance. Como medida de precaución, os Bombeiros de Ourense estaban presentes durante a queima.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button