OurenseÚltima horaVídeos

Ourense despide a Semana Santa coa procesión do Encontro e a misa de Pascua na Catedral

 

Dende a igrexa de Santa María Nai ata a Catedral, polo casco vello da cidade incluída a praza Maior. É o percorrido que na mañá deste 17 de abril, Domingo de Pascua, percorría a procesión do Encontro coa que Ourense poñía o broche á Semana Santa.

 

A imaxe de Santa María Nai a ombros dos membros da Confraría.

 

En torno ás 11:30 horas a imaxe de Santa María Nai saía da igrexa a ombros dos porteadores da súa confraría rumbo á Catedral de Ourense onde tiña luga a misa de Pascua presidida polo Sr. Bispo, cantada polo Coro do Liceo e con Bendición Papal, á que asistía a corporación municipal co alcalde Gonzalo Pérez Jácome á cabeza.

 

A imaxe saíndo da igrexa de Santa María Nai.

 

Trala eucaristía, a imaxe da Virxe comezaba o camiño de regreso á igrexa de Santa María Nai acompañada polos fegreses, autoridades políticas e eclesiásticas. Pouco antes de entrar no templo, dende o alto das escaleiras, o Bispo e os sacerdotes seguidos pola Virxe despedían aos políticos que xa non seguían o camiño.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button