OurenseÚltima hora

Ourense habilita unha canle de Telegram para a difusión da súa programación cultural

Servirá para que calquera persoa cun teléfono móbil 'intelixente' poida coñecer de primeira man todas as novidades

A Concellaría de Cultura de Ourense abriu unha nova canle para a difusión da súa programación. Será a través da plataforma Telegram e servirá para que calquera persoa cun teléfono móbil ‘intelixente’ poida coñecer de primeira man todas as novidades e convocatorias do departamento de Cultura. Entre elas, as do Verán Cultural desta semana.

 

 

A terraza do Auditorio encherase de acrobacias coas compañías La Troupe Malabó e Vol de Temps, que presentan espectáculos en clave circense, positivos e cunha espectacular e divertida posta en escena. “Distans”, o venres ás 20:30h, é unha obra premiada na pasada edición dos Fetén.

As actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos e dende o concello recomendan acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias, mascarillas e distancia social.

Artigos relacionados

Back to top button