CulturaCulturaÚltima hora

Cita coa ópera o 5 de decembro no Barco con “As vodas de Fígaro”

 

O escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco acollerá o vindeiro martes día 5 de decembro ás 21h. o esectáculo “As vogas de Fígaro” de Camerata Lírica. Trátase dunha coñecida “ópera bufa” de W. A. Mozart e libreto de Da Ponte, inspirada na triloxía de Pierre Beaumarchais. É unha ópera en catro actos composta entre 1785 e 1786 e estreada o 1 de maio de 1786 en Viena, baixo a dirección do propio Mozart. Esta obra será o comezo da relación entre Mozart e da Ponte, que dará como froito óperas tan exitosas como “Don Giovanni” e “Così fan Tutte”.

 

 

“Le Nozze di Figaro” ou “As bodas de Fígaro”, é unha das pezas máis representadas nos grandes teatros ao longo da historia; é á vez unha das máis importantes composicións do gran xenio de Mozart, unha hilarante obra que transcurre no Castelo do Conde de Almaviva, preto da cidade de Sevilla; cargada de enredos amorosos cuxa trama culmina coa feliz boda dos seus protagonistas. Unha posta en escena costumbrista coa Orquestra Camerata Lírica con Virgil Popa á batuta.

O prezo da entrada para poder desfrutar deste espectáculo no Barco será de 8 euros.

Artigos relacionados

Back to top button