OurenseÚltima hora

Ourense prepárase para a Mostra Internacional de Teatro Universitario

A XXI edición da MITEU celebrarase no 15 ao 30 de abril cunha ampla proposta de xéneros e estilos
Cartaz da XXI edición da MITEU.
Cartaz da XXI edición da MITEU.

Máis de 30 espectáculos, tanto universitarios como profesionais, conforman a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) que un ano máis regresa cunha ampla proposta de xéneros e de estilos, coa participación de diversos países e cunha ampla presenza na cidade a través de diferentes espazos.

Do 15 ao 30 de abril, o Auditorio Municipal, o Teatro Principal e diferentes locais e rúas da cidade de Ourense serán o escenario da 21ª edición desta mostra dirixa por Fernando da Costa e que conta un ano máis co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Presentación da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense.
Presentación da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense.

Nesta edición, a mostra mantén as liñas programáticas fundamentais, con espectáculos de teatro universitario galego, portugués e de diferentes comunidades autónomas, xunto con compañías profesionais e grupos convidados tanto estatais como internacionais. Nesta ocasión cóntase coa presenza de Afganistán, Arxentina, Chile, Dinamarca, Inglaterra, Italia, O Salvador e Portugal.

O grupo Rosaura, da Aula Universitaria de Ourense, abrirá a programación o venres 15 de abril coa representación da obra “O banquete”, á que se sumarán, na xornada inaugural, os espectáculos “La ciudad sitiada”, de Teatro el Mayal–Ule (Castela e León), e “Strawberry”, a cargo de Fraser Hooper (Inglaterra).

As representacións escénicas completaranse coa realización de encontros ao remate das funcións, con exposicións, documentais e diferentes cursos. A clausura terá lugar o sábado 30 de abril no Teatro Principal coa entrega dos premios “Carlos Couceiro e Begoña Muñoz” e “Suso Díaz”.

Artigos relacionados

Back to top button