OurenseÚltima hora

Ourense, presente na xuntanza da Rede de Cidades AVE en Málaga

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, estivo na reunión na que fixeron un compendio do que fixeron durante este ano e avanzaron na estratexia de 2018

A Rede de Cidades AVE celebrou hoxe, 19 de setembro en Málaga, unha das súas cidades membro, a súa segunda xuntanza técnica deste ano. O encontro, que tivo lugar no centro Colección Museo Ruso, contou coa presenza do concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ourense, Jorge Pumar, así como o alcalde de Málaga, Francisco de la Torre Prados, e outros concelleiros, directores de turismo e técnicos das cidades membro. Nesta xuntanza fixeron un balance das accións levadas a cabo no que vai de ano, analizando as que quedan por realizar e avanzaron a estratexia prevista para 2018.

Esta Rede de Cidades AVE é unha asociación de destinos turísticos en España conectados pola Alta Velocidade que naceu co obxectivo de promover as cidades que a integran baixo unha estratexia común. Entre as accións que levan a cabo, está a de promoverse de xeito internacional en distintas feiras de turismo. Por exemplo, en outubro e novembro, formarán parte, canda a Turespaña, dunhas xornadas directas na India, e tamén participarán nos Estados Unidos con Turismo Andaluz para participar nunhas xornadas comerciais, entre outras citas.

Artigos relacionados

Back to top button