En portadaÚltima hora

Ourense, a provincia galega máis afectada polos lumes con 22.623 has queimadas

Publicidade
Ademais era a provincia con máis superficie arrasada de Rede Natura, con 6.769,39 has
Superficie queimada en Viana do Bolo na vaga de lumes de outubro.

Unha vez máis o lume tense cebado de maneira especial coa provincia de Ourense. E así se pon de manifesto nos datos da vaga de lumes que a Consellería do Medio Rural acaba de facer públicos. Así ten sido a máis afectada das catro galegas, ao sumar un total 22.623 hectáreas arrasadas. O último incendio en controlarse era o de Viana do Bolo, o pasado 18 de outubro.

As últimas medicións, segundo Medio Rural, indican que a superficie queimada ascende a 49.171,59 hectáreas no conxuntod e Galicia, que rexistran distinta gradación nos danos. Desta superficie, o 53,08% foi de monte arborado (26.098,13 hectáreas) mentres que a rasa representa o 46,92% (23.073,46 hectáreas). Se analizamos a área danada nesa fin de semana de outubro por provincias, despois de Ourense sitúase Pontevedra con 20.085,86 ha, Lugo con 5.734,45 ha e, finalmente, A Coruña con 728,05 hectáreas.

Asemade Ourense foi, con notable diferenza, onde ardeu máis superficie en Rede Natura: con 6.769,39 ha, seguida polas 4.523 ha da provincia de Lugo.

A Consellería do Medio Rural vén de rematar a xeorreferenciación do territorio afectado durante a citada vaga de lumes na que o dispositivo de loita contra incendios forestais de Galicia tivo que facer fronte a 264 incendios durante cuxa extinción se fixo necesario priorizar a atención ás áreas de poboación que estaban sendo afectadas.

Ademais Medio Rural apunta que “agora toca traballar na consolidación de solos e restauración de zonas queimadas, priorizando aqueles incendios de máis de 300 hectáreas que houbo ao longo do ano 2017 e que ascenden a 32 casos”.

Artigos relacionados

Back to top button