OurenseÚltima hora

Ourense será a sede do salvamento e socorrismo nacional na fin de semana do 10 e 11 de decembro

Oito deportistas do Salvour, na segunda xornada da liga galega de salvamento e socorrismo

Membros do Salvour na II xornada da liga galega de salvamento e socorrismo.

 

O domingo 4 de decembro celebrouse a segunda xornada de liga de salvamento e socorrismo en piscina en categoría absoluta. Nesta ocasión o equipo ourensán do Salvour trasladouse á piscina de Carball xunto cos equipos da Estrada, Coruña e Sanxenxo para disputar as probas de 50 metros remolque maniquí, 100 metros socorrista e 200 metros supersocorrista.

Nesta ocasión os 8 deportistas do Salvour realizaron unha excelente actuación na proba de 100 metros socorrista en categoría feminina onde Andrea Marquina Rodríguez era terceira cun tempo de 01:25:25, Iría Ruíz Pérez quinta cun tempo de 01:27:72 e Lucía Gómez Montecelo sexta cun tempo de 01:29:13. Na proba de 50 metros remolque maniquí Zaira García Vilalonga cun tempo de 00:59:06 alcanza o décimo posto.

En categoría absoluta masculina destaca na proba de 100 metros socorrista o cuarto posto de Álvaro Iglesias Lozano cun tempo de 01:12:93, o quinto posto para Miguel Viso Murciego cun tempo de 01:16:28, o sétimo posto para Íker Souto Simón cun tempo de 01:18:47 e o undécimo posto para Xenxo Fernández Fernández.

E xa de cara á fin de semana do 10 e 11 de decembro Ourense será a sede do salvamento e socorrismo nacional coa celebración da I Spanish Club, I campionato de España individual xuvenil, júnior e absoluto onde o Salvour colabora na organización coa Federación española de Salvamento e Socorrismo.

Artigos relacionados

Back to top button