Galerías de fotosOurenseSen categorizarÚltima hora

Ourense tínguese de rosa pola loita contra o cancro de mama

A cidade conmemora o Día Mundial tinguindo a auga da fonte Concepción Arenal e a venda de gafas de sol para recadar fondos e apoiar ás afectadas pola enfermidade

A capital de provincia fai da cor rosa a súa bandeira por un día e tínguese dela para conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Así, a fonte de Concepción Arenal lucía dende media mañá auga de cor rosa, converténdose por uns instantes no centro de atención de curiosos, que non dubidaban en capturar o momento con fotos. Mentres, nas rúas máis céntricas de Ourense, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e os comercios do Centro Comercial Aberto (CCA) da cidade vendían e distribuían gafas de sol para recadar fondos que se destinarán ao apoio de mulleres afectadas por esta enfermidade. A AECC, por exemplo, instalou unha carpa na rúa do Paseo e alí distribuía xornais que hoxe saíron publicados en papel de cor rosa e crespóns da mesma cor.

O alcalde ourensán, Jesús Vázquez, tamén se deixou ver participando nestas actividades conmemorativas. Así, non dubidou en fotografarse cos membros da AECC e mesmo colaborou mercando unhas gafas de sol. Nas imaxes tamén se poden ver veciños vendo os xornais en rosa, achegándose á carpa da AECC e curiosos fotografando a fonte de Concepción Arenal.

Fotos: Sara Fontenla.

Artigos relacionados

Back to top button