OurenseÚltima hora

Ourense, unha cidade de jazz

O Verán Cultural de Ourense amplíase con catro concertos de jazz de Alfonso Medela Trío, os mércores 15 e 29 de xullo e os mércores 12 e 26 de agosto ás 20:30 horas, de balde

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez (centro), acompañado do concelleiro de Cultura, Marcos Pérez, e do director do Centro Comercial Ponte Vella, Marcos Vila.

 

O Concello de Ourense amplía a súa oferta cultural para os meses de verán con catro concertos de jazz na terraza do Centro Comercial Ponte Vella. O artista convidado é Alfonso Medela Trío; compositor, pianista e Profesor superior de Piano natural do Carballiño, que actuará coa súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín. As actuacións serán os mércores 15 e 29 de xullo e os mércores 12 e 26 de agosto ás 20:30, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella, con entrada gratuíta.

O concelleiro de Cultura do municipio, Mario González destacou que Ourense “É unha cidade de jazz” e quixo poñer en valor a idoneidade deste emprazamento afirmando que se trata de “un espazo público, co río Miño e a Ponte Vella de fondo”. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez, eloxiou tanto os horarios como o lugar escollidos pola concellería e asegurou que con este tipo de proxectos “imos levar o microliberalismo ao mundo da Cultura (…) que os cidadáns poidan escoller a cultura que queren de forma que se adapte aos seus desexos”.

Artigos relacionados

Back to top button