DeportesÚltima hora

Pablo Diéguez trae para Valdeorras o premio da Titan Desert 2018

Completaba as seis etapas da épica carreira polo deserto de Marrocos quedando no posto 52 da categoría elite


 

Non foi doado. De feito foron moitas e moi duras as horas de adestramento e xa en ruta, atopouse con contratempos, problemas e imprevistos. Pero finalmente, o ciclista valdeorrés Pablo Diéguez Cerdeira conseguía completar as seis etapas da Titan Desert 2018 e facerse coa “pedra” que o acredita, chegando á meta no posto 52 na categoría elite, entre máis de 600 participantes de todo o mundo.

No mediodía do 4 de maio, despois de percorrer os montes do Atlas e o deserto marroquí, e de loitar contra as temperaturas extremas e o forte vento, o terreo pedragoso, a area e o cansancio, Pablo posaba xa coa súa bicicleta (dorsal 511), co trofeo e o título de “finisher Titan Desert”.

Agora sí, este xove e intrépido ciclista que malia as dificultades destrutou da experiencia, completou unha etapa da súa vida logrando o dobre obxectivo que se marcaba: o reto persoal e promocionar Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button