DeportesÚltima hora

Pablo Rodríguez estará entre os 180 participantes na BTT de Maceda que se celebrará este domingo

O ciclista Macedán, Pablo Rodríguez./ Foto FB Pablo.

 

Este domingo celebrarase a XIII edición da BTT de Maceda – Copa Deputación, que presenta como novidade decidir o campionato de Galicia desta modalidade, contando con categorías dende cadete á máster, e cun circuíto de catro quilómetros de deseño xa clásico, pois xa ten albergado numerosos campionatos a nivel autonómico e nacional.

Entre os 180 participantes inscritos na proba resaltan especialmente Saúl López, Andrea García ou Pablo Rodríguez, como mostra clara, apuntan dende a organización, do alto nivel dunha competición na que tamén participarán varios integrantes da selección rumana de ciclismo, que estes días atópanse en Galicia realizando un stage de preparación.

A presentación da proba contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañado polo alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o presidente e a vicepresidenta do Clube Ciclista Maceda, Xulio Conde e Elena González; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; e o patrocinador da proba Francisco Novoa, director xeral do Grupo Academia Postal.

 

Presentación da BTT Maceda.

 

Artigos relacionados

Back to top button