PolíticaÚltima hora

Paco Rodríguez: “A alternativa real na cidade de Ourense é o partido socialista, imos traballar para lograr o apoio maioritario”

O candidato á alcadía da cidade do PSdeG-PSOE presentaba este sábado o seu proxecto político e ao seu equipo

 

O Centro de Interpretación das Burgas en Ourense acollía este sábado a partir das 12h. a presentación do proxecto político e do equipo do candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ourense nas vindeiras eleccións municipais de maio, Paco Rodríguez, que estaba arroupado polo secretario xeral dos socialistas galegos e polo secretario provincial deste partido.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, comezaba referíndose ao “compromiso con Ourense” dos socialistas, “imos a reafirmar que o único pacto que imos ter na cidade é cos ourensáns, prometemos devolverlles a dignidade e facer que esta cidade volva a respirar ilusión e a reter o talento dos máis novos. Houbo aquí un pacto da vergoña entre o PP e Jácome que permitiu que durante catro anos esta cidade protagonizara os peores escándalos en todos os medios de comunicación nacionais”.

Pola súa banda, o secretario provincial do partido socialista en Ourense, Rafael R. Villarino, “o noso candidato vai ter un labor difícil porque debe conseguir dúas cousas moi importantes: gañar na cidade e que con esa vitoria teñamos tamén o goberno da Deputación de Ourense. O partido socialista sae a gañar, temos a historia da nosa banda e moi claras as raíces do partido, un candidato que xa demostrou a súa valía noutra etapa. O único que temos que dicirlle á cidadanía de Ourense é que a partir de agora valoren, sopesen, vexan o que é a valía, a planificación, o compromios e todas esas cousas e ocorrencias que nos levaron á situación na que estamos hoxe”. Na súa intervención Villarino tamén deixaba “un recado para o PP: o partido socialista é a alternativa real de Ourense”.

 

Paco Rodríguez, coa súa candidatura nas Burgas.

 

O candidato socialista á alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez, amosábase “moi satisfeito” por estar acompañado polo secretario xeral do PSdeG-PSOE e polo secretario provincial desta formación “neste día tan importante para min e para o futuro desta cidade”.

Así mesmo o cabeza de lista aseguraba que “o PP non pode ser alternativa a si mesmo, porque dá a sensación de que nos últimos tempos pasou así por arriba como se non estivera gobernando nos últimos anos en Ourense. Eu creo que hai unha corresponsabilidade importante co que aconteceu nesta cidade nos últimos anos. E a partir de aí, eu considero que a alternativa real é o partido socialista e, nese senso, imos traballar para conseguir o apoio máis maioritario posible do cidadán e empezar a reconstruír esa cidade, non se poden perder máis oportunidades e temos que proxectala de cara ao futuro”.

No acto interviñan, ademais do candidato á alcaldía ourensá, Natalia González Benéitez, secretaria xeral de Ourense, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, quen sinalaba que Ourense “debe recuperar o prestixio que lle corresponde en Galicia”, unha integrante da candidatura; Valentín G. Formoso, secretario xeral do PSdeG-PSOE.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button