Preto de duascentas persoas dábanse cita na noite do venres 10 de xuño, no adro da igrexa de Nosa Señora de Fátima, para asistir á VIII edición da cea popular de Fontei coa que se abría a programación das cestas de San Antonio, na Rúa.
Por 15 euros que custaba a entrada, os asistentes puderon degustar un completo menú a base de embutidos ibéricos, empanada e o prato estrela: a paella. De postre, xelado e tarta caseira. Para beber, auga, viño e café. O catering foi servido por Mantesil, S.L. O apartado musical da noite correu por conta do dúo Bandoneón que actuou durante a verbena.
Hoxe, sábado 11 de xuño a orquestra Costa Norte será a encargada de amenizar o baile en sesión de tarde e verbena, momento no que se sortearán 300 euros entre a xente que mercara rifas vendidas pola comisión. O programa festivo inclúe ademais, un campionato de xadrez no bar O Retorno (16h.) e un partido de fútbol sala de solteiros contra casados no pavillón municipal (18h.).
Fotos: Carlos G. Hervella.