ConcellosO BarcoÚltima hora

Exitosa paellada da Asociación de Mulleres Rurais San Martiño de Viloira (O Barco)

 

Arredor da mesa xuntábanse na noite deste 11 de xullo as integrantes da Asociación de Mulleres Rurais San Martiño de Viloira (O Barco), acompañadas por familiares e veciños. Celebraban unha animada cea coa presenza dunhas 130 persoas que degustaban un delicioso menú a base de embutidos e queixo, empanada, paella e sobremesas como bica e tarta xeada.

Esta era a primeira vez que a asociación organizaba este encontro gastronómico, que resultaba todo un éxito.

Fotos: A.R.

 

 

Back to top button