ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Paisaxe de xeo en Coedo (O Barco)

As baixas temperaturas e as continúas xeadas dos últimos días están deixando estampas invernais sorprendentes como a debuxada polo xeo en Coedo (O Barco), con numerosos e fermosos carámbanos que poden verse ao pasar pola estrada no tramo entre esta localidade e a de Viloira.

Esta galería de imaxes é unha mostra ben evidente do intenso frío que se está a vivir neste inicio de ano en zonas como Valdeorras e, neste caso, no municipio do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button