Continúan as festas en Fontei (A Rúa) na honra a San Antón de Padua. Igual que o pasado mércores cando empezaron, na tardiña do venres 14 de xuño o bar das festas convidaba a un pincho na praza, nesta ocasión panceta gratis para os asistentes, seguida da sesión musical a cargo de Dj Tariro ata a madrugada.
E para hoxe, sábado 15 de xuño está prevista a XV Cea Popular cun menú a base de entremeses, costela de tenreira asada con patacas e ensalada, postre, café e chupitos (20 euros). Haberá un sorteo de 500 euros e a verbena correrá por conta da Discomóbil Chocolate.
Fotos cedidas.