Tras o acto da entrega de premios da II Travesía a Nado de Valdeorras, organizada polo Adas Natación en colaboración cos Concellos de Vilamartín e do Barco, a Asociación de Coveiros de Vilamartín ofrecía unha pancetada aos participantes na proba deportiva. En total servíanse 40 quilos de panceta á grella, acompañada de pan e viño.
Fotos: Ángeles Rodríguez.