ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Papá Noel e o seu séquito percorren A Rúa en Noiteboa

A visita foi organizada pola Asociación Sociocultural San Cristóbal

 

Por segundo ano consecutivo, A Rúa recibía a visita de Papá Noel. Pasadas as cinco e media da tarde do 24 de decembro, Noiteboa, a comitiva saía da Estación de Autobuses comezando así un percorrido que a levaba por algúns dos espazos máis destacados da localidade repartindo caramelos. O campo de San Roque, a praza de Fontei, a rúa Doutor Vila e finalmente a praza do Concello.

En lugar de trineo, Papá Noel chegaba á Rúa nunha fermosa carroza, acompañado polos elfos e numerosos cativos vestidos de vermello para a ocasión. Unha iniciativa que parte da Asociación Sociocultural San Cristóbal, que despois de organizar a Cea de Nadal o primeiro de decembro e acender a súa propia iluminación na praza do Concello, pon o seu gran de area para animar as festas na Rúa, especialmente aos máis pequenos.

A próxima cita será o sábado 28 de decembro a partir da medianoite no adro da Igrexa de Fontei onde celebrarán as “Badaladas Cristobalitas”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button