OurenseÚltima hora

Papá Noel estará mañá cos nenos de Ourense na praza Maior e no Auditorio

Desde as 17h. a súa comitiva realizará un espectáculo itinerante na rúa do Paseo

 

Mañá, xoves 23 de decembro, Papá Noel encontrarase cos nenos e as nenas da cidade de Ourense . Ás 18 horas estará nos soportais da Casa do Concello; e ás 19 e 20:30 horas, cun espectáculo no Auditorio.

Previamente, desde as 17 ata as 18 horas, a súa comitiva (sen Papá Noel) realizará un espectáculo itinerante na rúa do Paseo, desde o parque de San Lázaro até a praza Maior, en percorrido de ida e volta.

Ás 18 horas Papá Noel recibirá a rapazada da cidade nos soportais da Casa do Concello e finalmente estará no Auditorio Municipal, onde aparecerá dunha forma sorprendente e máxica nun espectáculo cheo de ilusión, a cargo da Compañía Pablo Méndez. Posteriormente recibirá as nenas e os nenos da cidade, que poderán contarlle todos os seus desexos para este Nadal.

As entradas para asistir ao espectáculo están xa esgotadas.

Artigos relacionados

Back to top button