En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Papá Noel percorre A Rúa repartindo caramelos entre os cativos

 

Despois de organizar a cea celebrada no Casino e contribuír en boa medida á decoración da Rúa, a Asociación San Cristóbal poñía o broche ao seu particular programa navideño coa cabalgata de Papá Noel.

 

 

Na tarde deste sábado 24 de decembro, cun percorrido máis curto debido á chuvia, a comitiva con Papá Noel á cabeza percorría algunhas das rúas da vila repartido caramelos e ilusión entre os cativos. Saían da rúa Circunvalación e remataban na praza do Concello onde está colocada boa parte da decoración.

O acto, seguido por numerosos cativos cos seus pais, contou coa colaboración do Concello, de Protección Civil e da Policía Local. Agora só queda celebrar a Noiteboa e o Nadal en famillia.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button