ConcellosCulturaCulturaÚltima hora

Papá Noel recala en Petín

 

No mediodía deste sábado 18 de decembro Petín recibía unha visita moi especial. Directamente dende La Ponia recalaba na entrada do casco antigo o mesmísimo Papá Noel, quen subido no seu espectacular trineo recibía a cativos e maiores para recoller os seus desexos para este Nadal e, coma sempre, había reaccións de todo tipo. Uns  sausábano e mesmo conversaban con el mentres outros choraban asustados.

Trátase dunha actividade organizada dende o Concello coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil que se repetirá mañá domingo 19 de decembro en horario de 12:30 a 14:30 e de 16:30 a 19:30 e tamén o vernes 24, sábado 25 e domingo 26 de decembro no mesmo horario.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button