ConcellosO BarcoÚltima hora

Papá Noel visita O Barco Centro Comercial Aberto

A súa Casa de Nadal está situada na praza do Concello

 

Dende a mañá deste 23 de decembro Papá Noel xa está na Praza do Concello. Chegou para instalarse na súa casa de Nadal, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:00 a 20:00 horas. Eran xa moitos os nenos que se achegaban ata alí para saudalo, falar con el e tamén facerse fotos ao seu carón. Todo o que queira poderá achegarse ata alí para sacarse unha foto gratuíta no fotomatón.

Ademais, ese mesmo venres ás 16:30 horas terá lugar, na Praza do Concello, o concerto Cores, Contos e Rock and Roll con Ramona Órbita de Pakolas. Ao finalizar o espectáculo realizarase un sorteo entre todos os asistentes de dez libros de Pakolas. Para participar, o público deberá entregar aos responsables do CCA O Barco un ticket de compra* dalgún dos establecementos asociados con data de decembro de 2022.

Finalmente, o sábado 24 de decembro, Noiteboa, en horario de 11:00 a 13:30 horas abrirase de novo a Casa de Papá Noel. Tamén haberá fotomatón. As cartas que se entreguen na caixa de correos e os tíckets de compra para o sorteo de libros de Pakolas deberán levar un nome completo e un teléfono de contacto.

Fotos: A.R. agás as dúas últimas que son cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button