CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Papá Noel volve percorrer A Rúa en Noiteboa

 

Despois de contribuír en boa medida á decoración da vila, a Asociación San Cristóbal poñía o broche ao seu particular programa navideño coa cabalgata de Papá Noel na Rúa.

 

 

Tal como veñen facendo nos últimos anos, salvando os da pandemia, tarde deste sábado 24 de decembro, a carroza de Papá Noel á cabeza percorría algunhas das rúas da vila repartido caramelos e ilusión entre os cativos. Saían da rúa Campogrande e remataban na praza do Concello onde está colocada boa parte da decoración e era recibido polos ilusionados activos.

 

 

Agora só queda celebrar a Noiteboa e o Nadal en famillia.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button