OurenseÚltima hora

Parada de Sil acometerá de forma inmediata obras menores por valor de 24.404,5 euros

Aquilino Domínguez, alcalde do concello de Parada de Sil. Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continuando coa práctica de mellorar as infraestructuras exitentes nos pobos do municipio de Parada de Sil, a Xunta de Goberno deste Concello adxudicou a Díaz Caldelas un lote de pequenas obras en distintos núcleos para atender a demanda da veciñanza, según adianta o alcalde, Aquilino Domínguez. Estas obras serán financiadas con fondos propios e suporán un investimento de 24.404,5 euros.

“Botaranse pequenos tramos de formigón para elimnar baches en tres pobos e mellorarase o acceso a fincas en Miranda, así como a colocación dunha mangueira antiincendios demendada fi tempo nun pobo no que hai unha casa de turismo e non hai mangueira en todo o pobo de A Pena”, indica o alcalde de Parada de Sil.

Finalmente, o rexedor indica que tamén se levará a cabo a limpeza de fosas en concreto no pobo de Pradomao.

Artigos relacionados

Back to top button