ConcellosÚltima hora

Parada de Sil, bronce no certame para escoller á capital rural de España

 

Na praza Maior de Santillana do Mar (Cantabria) tiña lugar o 27 de setembro o acto de entrega de premios ás tres primeiras localidades clasificadas no concurso para escoller á capital rural de España 2019. A ganadora desta edición era Santillana do Mar, en segundo lugar situábase Cangas de Narcea (Asturias) e no terceiro Parada de Sil, en plena Ribeira Sacra ourensá. Este certame está impulsado por terceiro ano polo portal especializado en turismo rural EscapadaRural.com.

 

 

Era o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen recollía o galardón nunha cerimonia que finalizaba coa degustación dun cocido montañés e cunha cata de produtos rexionais. Neste acto tamén se proxectaba un vídeo no que Parada de Sil amosaba “as belezas da Ribeira Sacra dende a óptica do concello, causando sensación entre os participantes no evento”, segundo se indica dende o Concello.

Ademais Parada de Sil ofrecía aos asistentes unha degustación de produtos desta zona como a bica de castaña, o mencía da viticultura heroica ou o licor café e augardente de herbas, feitos no concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button