CulturaCulturaÚltima hora

Parada de Sil convoca o XIII Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas

Unha das modalidades é "Visións de Parada de Sil", cun primeiro premio de 800 euros e un segundo de 300. En tema libre o primeiro premio ascende a 700 euros e o segundo a 200 euros

 

Neste venres 5 de xuño vén de abrirse a parcipación ao XIII Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas “Visións de Parada de Sil” e “Tema libre”, que vai xa pola decimoterceira edición e medrando cada ano en participación. Esta iniciativa está convocada polo Concello de Parada de Sil e pola Asociación Ouro do Sil.

“Este concurso está patrocinado polo empresario Camilo Yañez, residente en Barcelona e vinculado a Parada de Sil, onde ten a súa segunda residencia”, lembran dende o Concello de Parada de Sil.

Os concursantes poden participar en dúas modalidades diferentes. Unha delas é “Visións de Parada de Sil”, que conta cun primeiro premio dotado con 800 euros e cun segundo de 300 euros.

A outra modalidade é de tema libre e os premios son 700 euros para o ganador e 200 para o segundo clasificado.

As fotografías poden enviarse a concursofotografia@paradadesil.es dende hoxe ata o 27 de xullo. Cada concursante pode presentar ata 4 fotografías en cada modalidade Os traballos serán xulgados por un xurado profesional.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button