ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil mellora o camiño de Casadovento a Monte do Espiñeiro

Imaxe das obras no camiño./ Foto cedida.

 

Buscando facilitar o acceso ás fincas dos seus veciños e aproveitando o Plan Marco da Xunta de Galicia, o Concello de Parada de Sil está a acometer unha actuación de mellora do camiño Casadovento a Monte do Espiñeiro. Deste xeito preténdese “evitar o despoboamento do rural e facilitar a competitividade agraria por iso se elixíu este camiño nunha zona do concello con importante actividade gandeira”, indican dende o Concello.

O camiño dá acceso no seu primeiro tramo a trece parcelas na actualidade en produción de pasto e logo a parcelas abandoadas e a monte comunal infrautilizado. “Esperamos que se revalorice a zona e se poña en explotación”, di o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

O importe da obra é de 38.632,88 euros e foi axdicada á empresa Hermanos Díaz Caldelas. A intervención consiste en desbroce e retirada de vexetación nun tramo de 1.327 metros e en regularizar a palataforma existente con zahorra.

Ademais, “para evitar que se deteriore coas choivas, poranse drenaxes e pases de auga nos lugares que sexan necesarios. Agardando que no prazo dun mes, a veciñanza poda utilizar este camiño hoxe práacticamente inservible e poida pasar coa maquinaria moderna”, adiantan dende o Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button