ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil mellora os seus recursos turísticos de cara ao verán

 

De cara á nova tempada de verán o Concello de Parada de Sil está a levar a cabo importantes melloras tanto na Pasarela do Río Mao como nos Balcóns de Madrid, o miradoiro máis emblemático deste municipio da Ribeira Sacra.

“Neste caso cunha subvención da Xunta por importe de 30.000 euros, repuxéronse todas as madeiras en mal estado e nestes días, en canto desaparezan as tormentas, daráselle unha imprimación para unha mellor conservación e así os visitantes poderán desfrutar de novo deste impresionante lugar no que ademais agora hai información sobre a xeoloxía que levou a formación do Canón do Sil”, explica Aquilino Domínguez, alcalde en funcións de Parada de Sil.

No caso da pasarela do Mao e ruta PRG-177, Domínguez lamenta os trastornos que ocasiona o tramo do canal vello, “que se atopa con maleza e mesmo árbores caídos pero no que se está a proceder a súa limpeza que se prevé está rematada o día 23 de xuño ou antes”.

Na pasarela do Mao, con aportación da Deputación provincial, cambiáronse todas as madeiras deterioradas algúns elementos de apoio e colocouse un material antideslizante na zona da umbría para evitar que os visitantes esvaren, sobre todo, na época da caída da folla. Con esta obra, Aquilino Domínguez agarda que que se poida desfrutar “deste marco paisaxisticamente extraordinario que conserva a dobre flora atlántica e mediterránea e con máis seguridade para os paseantes. Tamén se cambiaron os paneis interpretativos e os de xogos de flora e fauna”.

Conclúe o alcalde en funcións de Parada de Sil salientando que o turismo está xerar emprego e riqueza en Parada de Sil de xeito notable.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button