ConcellosÚltima hora

Parada de Sil modificará 236 puntos de luz na procura da eficiencia enerxética

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Parada de Sil vén de recibir unha subvención do fondo FEDER, a través do IDAE que lle permitirá modificar as luces públicas de Chandrexa, O Valado, A Senra, Forcas A Edrada,Paradellas, Teimende e Parada de Sil. Son un total de 236 puntos.

Con esta intervención para colocar luminarias Led, o Concello conseguirá un aforro enerxético entorno o 67% que tamén se traducirá na factura de maneira importante, tal e como sinala o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen amosa a súa satisfacción por esta subvención cun importe de 93.682, 72 euros sobre un custe total da obra de 117.103,40 euros.

Esta actuación enmárcase dentro da concesión directa do Instituto de Aforro Enerxético dentro do programa operativo de FEDER, no obxectivo temático 4 para favorecer a economía baixa en carbono. Aquilino Domínguez indica que este concello xa realizou o estudo sobre a pegada de carbono no ano 2012, tendo unha puntuación de 8 sobre 12 e que dende entón fixéronse varias melloras para acadar un concello limpo e ecolóxico.

A intención deste Concello é continuar solicitando estas axudas para acadar en tres anos a modificación de todolos puntos de alumeado público do municipio.

Artigos relacionados

Back to top button