EconomíaEconomíaÚltima hora

Parada de Sil ronda o cen por cen de ocupación hostaleira nesta Semana Santa

 

O municipio de Parada de Sil está ter unha das Semanas Santas con maior núnmero de visitantes. “Dende o luns ao mércores pola tarde cerca de mil persoas visitaron o Mosteiro de Santa Cristina, que segue a ser un dos motores de atracción do concello”, sinala o responsable da Oficina de Turismo de Parada de Sil, Fernando Souza.

O Xoves Santo poñíase en marcha o bus lanzadeira dende Parada de Sil, impedindo baixar en coches particulares para evitar contaminación e posibles accidentes, e só ese primeiro día utilizaron este medio 220 persoas. O alcalde de Parada de Sil, Aquillino Domínguez, lembra que “os buses previamente concertados poden baixar contactando coa oficina de turismo”.

Os visitantes poden desfrutar da pasarela do Mao, renovada en gran parte e na que se instalou malla antideslizante nas zonas que máis problemas daban.

 

 

Para que todo se desnvolva de maneira correcta está a colaborar activamente a Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil, a quen o alcalde quere agradecerlle a súa permanete dispoñibilidade.

Tamén dende o Concello se está a regular o tráfico aos Balcóns de Madrid para evitar atascos. Dende o sector de hostalaría e habitacións tamén se manifesta o contento pola altísima ocupación.

Artigos relacionados

Back to top button