BaloncestoDeportesÚltima hora

O MV Barco aproveita as vacacións de Semana Santa para celebrar o seu ‘I Small Camp’

 

Nestes días de Semana Sant, aproveitando o tempo de lecer e como alternativa para que os xogadores non deixen de practicar deporte e convivir nestes días de descanso, o MV Barco celebraba a I edición do seu Small Camp 2025. Con opción de asistir en dúas modalidades (luns a venres ou luns a mércores) “gozamos polas mañás xogando ao baloncesto en horario de 10 a 13 horas”, din dende o club barquense.

Adestramento, competicións, xogos ou habilidade, son exemplos do que practicaron estes días no Small Camp con momentos de descanso para merendar e convivir entre os participantes.

Fotos: MVB

Artigos relacionados

Back to top button