ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil segue a mellorar o seu patrimonio natural

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, xunto ao Castiñeiro de Entrambosrríos./ Cedida.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de aprobar unha subvención de 75.275 euros para o Concello de Parada de Sil, “por ser un dos concellos situados na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra”, segundo sinala esta administración local.

O Concello de Parada de Sil, segundo manifesta o seu alcalde Aquilino Domínguez, solicitou esta subvención para varias actuacións entres as que salienta o valado e protección do castiñeiro de Entrambosrríos, declarado árbore singular pola Xunta de Galicia para impedir que os visitantes suban ao mesmo e o deterioren así como limpar o sequeiro que está pegado ó mesmo, permitir un mellor acceso de luz ó castiñeiro e explicar con paneis a importancia desta árbore e dos soutos e acastaña na economía tradicional de Galicia.

O rexedor explica que outra actuación importante será limpar de acacias unha zona próxima á Fábrica da Luz e á Pasarela do Río Mao para evitar a propagación desta especie invasora. Tamén, e en colaboración coa Asociación de Propietarios de Soutos de Parada de Sil, que preside Mónica Bizarro, a subvención irá destinada a efectuar desbroces e podas lixeiras en soutos de castiñeiros en dúas zonas que foron declaradas masas forestais de protección pola Xunta de Galicia no entorno de Entrambosrríos e Os Ougueiros e Castro.

En poucos días sairá á licitación os desbroces e a empresa axudicataria terá varios meses para levar a cabo os mesmos xa que nos soutos actualmente en produción neste periodo próximo ao inicio da castañeira non se pode efectuar agora, pero sí se fará con carácter inmediato nas zonas abandonadas. “Estas actuación contribúen a mellorar a paisace natural, por en valor o patrimonio , manter vivos os castiñeiros e evitala propagackión de incendios forestais”, polo que Aquilino Domínguez amosa a súa satisfacción.

Esta subvención está financiada integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en reservas da Biosfera, mediante o mecanismo de recuperación e resiliencia.

Artigos relacionados

Back to top button