ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil xa loce a súa “Bandeira Verde”

 

Nun emotivo acto coa presenza dalgúns veciños e veciñas, nesta mañá izábase a Bandeira Verde no mástil colocado ao efecto no Concello de Parada de Sil, que presume de ter alcanzado este logro. Antes de izala bandeira o alcalde accidental, Francisco Magide, salientou que neste tema o Concello leva traballando “moitos anos e puxo como exemplo o estudo sobre a pegada de Carbono feito xa no 2012. A preocupación pola conservación do medio ambiente sempre foi un obxectivo deste concello, selando vertedoiros incontrolados, investindo en conservación do patrimonio, coidando a apertura de camiños e outras actuacións”.

Así mesmo, Francisco Magide, poñía de manifesto que “debemos seguir nese camiño para legar as vindeiras xeracións un medio natural en perfecto estado de conservación e que mantela biodiversidade da paisaxe da Ribeira Sacra”.

Finalmente, agradecía á veciñanza a presenza no acto pero, “aínda máis importante, o seu dispor para acadar este logro, xa que sen a colaboración activa dos veciños, non sería posible! e instounos tamén “a que sigan no bo camiño emprendido”.

Esta bandeira verde concedida a Parada de Sil pola Xunta de Galicia é un resumo “do bo facer no eido do medio ambiente o que é un motivo de orgullo para o Concello”, concluía.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button