ConcellosOpiniónÚltima hora

Parque eólico de Prada

Carta ao director de Lolo Gómez Segura

Cumes de Trevinca con neve.

 

PE DE Prada (Trevinca) de 168 MW composto de 24 aeroxeneradores de 7 MW de potencia en cada un deles. A Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental dependente do Ministerio de Transición Energética ven de formular “declaración de impacto ambiental desfavorable para el proyecto de Parque Eólico de Prada de 168 MW y su infraestructura de evacuación ubicado en los términos municipales de O Barco de Valdeorras, A Veiga , Carballeda de Valldeorras, Petín, Larouco, A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Quiroga al haberse identificado la posibilidad de impactos negativos significativos sobre el medio ambiente para los que las medidas propuestas no presentan garantía suficiente de su adecuada prevención, corrección o compensación” (extracto de disposición publicada no BOE de data 15/04/2023).

Lendo todo o informe publicado no BOE de referencia, básicamente túmbase o proxecto pola afección da fauna na zona de instalación prevista do Parque Eólico afectando a especies emblemáticas da fauna Ibérica e a maioría en perigro de extinción ou ben catalogadas como vulnerables: aguia real (no período de estudo ambiental para este parque se contabilizaron 5 parellas reproductoras), tórtola común, cernícalo común, aguia culebrera, aguilucho cenizo, milano real e milano negro, buitre leonado, destacando tamén a presencia de alimoche común. Tamén se verían afectados especies de quirópteros como o morcego ratonero, morcego bigotudo e o morcego troglodita mediterraneo.

Pasaría algo semellante coa salamadra común e co galápago europeo que, hoxe en día, está nun proxecto de recuperación europea. Tamén considero de moito valor a referencia que se fai na Declararación da afectación a poboación e saude humana que tería a instalación deste parque. Aínda que non se aclara máis neste aspecto e en base as alegacións que presentaron a totalidade deste PE de Prada-Trevinca Asociacións ecoloxistas e máis de 200 particulares, estamos a falar do factor ruido que terían que soportar algúns dos veciños dos pobos afectados. Non olvidar que este PE parte dun inicio dunha potencia de 5,5 MW aeroxenarador con altura de 125 mts. E que logo foi modificado a unha potencia de 7 MW aumentando a altura ata cerca dos 200 mts. E por lóxica soportando máis volumen acústico.

En definitiva que veríanse afectados Zonas ZEPA (zona especial de protección de aves) e por proximidade zonas de Rede Natura como o espacio de Trevinca, masas arbóreas senlleiras como o bosque do Teixadal e o Parque Natural de Serra de Enciña da Lastra. A declaración de impacto ambiental desfavorable contempla na parte final da resolución que “no será objeto de recurso sin perjucicio de los que, en su caso, procedan en vía administrativa y judicial….”.

Tamén me resulta chamativo o desinterés administrativo e político de entidades, asociacións, corporacións municipales (algunhas nin siquera tiveron a decencia de contestar os requerimentos de información por parte do Ministerio sobre o tema). Por seguir este caso dende fai anos cando houbo varios intentos de instalación de eólicos nas Montañas de Trevinca, considero esta resolución unha victoria da Natureza pero que desconfío de que remataran co tema, xa que hai moitas trampas: modificación de proxecto, fraccionamento do parque inicial para facilitar declaración positiva ambiental, etc.

Tería moito que decir sobre o impacto negativo que este macroparque tería sobre a comarca de Valdeorras, a enorme afectación a unhos recursos, xa de por si moi esquilmados por diferentes actividades industriales e que escaso beneficio nos reportaría. Outros dos parques que tamén nos afectarían ainda que de forma colateral sería o de Barjas e o de Busmayor, tamén ambos con informe ambiental desfavorable por parte do mesmoorganismo que valorou o de Prada.

Aínda non entrei polo miudo a estudar a declaración, pero sospeito que as resolucións negativas van polo mesmo camiño que o de Prada-Trevinca. Como valdeorrés manifesto a miña gratitude ás asociacións que traballan pola defensa da nosa paisaxe e o seu compromiso nesa defensa.

Para rematar e como valoración definitiva, acuden á miña memoria unhas verbas do escritor Julio Llamazares que falando do tema dos eólicos nunha entrevista o 30/03/2023 no periódico Público di: “el paisaje debería estar entre los derechos humanos fundamentales. Es de todos. No se puede transformar por las bravas”.

Texto. Lolo Gómez Segura.

Artigos relacionados

Back to top button