EconomíaEconomíaÚltima hora

Parte da hostalaría barquense decide non reabrir as terrazas polo momento

 

Malia que poderían volver a poñer en marcha as súas terrazas neste luns 11 de maio, seguindo as medidas establecidas polo goberno central nesta fase 1 da desescalada, unha parte da hostalaría barquense decidiu non reabrir polo de agora.

Piden unha reapertura viable economicamente e con garantías. Así pode verse nos carteis que están colocados nestes establecementos. “A cuestión é volver a empezar con garantías. Non podemos reabrir porque desta maneira non podemos traballar cunhas condicións nas que vexamos que sexa viable e nas que poidamos garantir a seguridade”, explican dente este grupo de hostaleiros, que tamén amosa a súa preocupación polas consecuencias que está situando está xerando nos seus empregados.

Neste senso, teñen pevisto reunirse co Concello para plantexarlle unha serie de cuestións de cara a poder lograr unha reapertura mellor “sempre dentro da legalidade e respectando as distancias de seguridade”.

Artigos relacionados

Back to top button