CulturaCulturaÚltima hora

A particular reflexión poética e musical sobre o amor de Aldaolado, no Barco

Este dúo, formado por Lucía Aldao e María Lado, presentaba na beira do Sil o seu espectáculo “Pendanga e Oso”

Con música dos Beatles interpretada por Lucía Aldao e unha poesía en galego na voz de María Lado princiapaba na noite do 18 de xullo no Barco o espectáculo “Penganga e Oso” do dúo Aldaolado, dentro do programa “De Perto”.

Trátase dunha proposta moi singular que se basea no amor e que intercala a poesía en galego, de autoría propia e tamén algunha allea, coa música, canto e con historias propias contadas en clave de humor. Nelas non deixan ao marxe ao público, que mesmo participaba subíndose ao escenario.

Esta actuación, que tiña lugar na beira do Sil, era a sexta e penúltima do ciclo “De Perto” que concluirá o vindeiro venres 21 de xullo ás 22:30h. co concerto de Tres Pesos na praza do Castelo do Castro.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button