
Dentro das actividades que se levan a cabo no Centro Penal do Pereiro de Aguiar organizouse unha exhibición de partidas simultáneas de xadrez a cargo do Club de Xadrez Liceo Academia Postal, acudindo ao centro o gran mestre Joaquín Bello Figueroa e Carlos Domínguez Álvarez (integrante dos Suaves). O acto contou cunha excelente acollida e participación, celebrándose diversas roldas.
Dende o centro agradecen a colaboración do Liceo Academia Postal, “a súa doazón de material e a súa iniciativa para sumarse á creación dun club de xadrez no centro penal”, din, asegurando que os beneficios da práctica do xadrez “son sobradamente coñecidos en relación ao desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas, capacidade de atención e mellora da autoestima”.




