DeportesÚltima hora

Partido internacional de fútbol o 10 de setembro na Rúa

Moncho de Fontei fará o saque de honra no partido entre os veteranos do CD Rúa e o CD Bragança
Veteranos do CD Rúa. no Aguillón. /Foto: Carlos G. Hervella.
Veteranos do CD Rúa. no Aguillón. /Foto: Carlos G. Hervella.

Os veteranos do C.D. Rúa seguen homenaxeando aos directivos que pasaron polo club rues ao longo da súa historia. En agosto, era Couso quen facía o saque de honra no triangular celebrado no marco das festas de verán xunto ao C.D. Barco e o C.D. Ferreira e en setembro sera Moncho de Fontei “un grandísimos directivo do Rúa durante moitos anos” quen o faga.

O vindeiro sábado 10 de setembro, o campo de fútbol Novo Aguillón da Rúa acollerá un novo partido de veteranos, desta volta internacional. A partires das 18:30 horas o C.D. Rúa e o C.D. Bragança de Portugal enfrontaranse nun entretido e vistosos encontro.

Dende o equipo de veteranos da Rúa convidan a toda a afección a acudir ao campo para disfrutar do partido no que se sortearán botellas de viño.

WEB

Artigos relacionados

Back to top button