Os máis pequenos convertíanse en protagonistas do Samaín que se celebraba na tarde do 28 de outubro en Trives. Esta “festa terrorificamente divertida” desenvolvíase en Santa Leonor con numerosas e diversas actividades: moita música, obradoiros coa temática do Samaín, unha merenda con petiscos doces e salgados da mesma temática e con chocolatada ao remate, a pasaxe do terror…
Esta exitosa celebración, á que os nenos acodían disfrazados, estivo organizada entre o Concello de Trives e a ANPA O Recreo.
Fotos cedidas pola organización.