ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Paseo nocturno dunha parella de xabaríns polo centro do Barco

 

Os xabaríns seguen sorprendendo aos condutores cos seus paseos nocturnos polo casco urbano do Barco de Valdeorras.

Hai apenas unha semana un par de porcos bravos estaban, baixo a chuvia, na rotonda de Veigamuíños, con toda tranquilidade, sen inmutarse polo paso dos vehículos e, hai menos de 24 horas, un condutor volvía gravar a unha parella paseando con toda tranquilidade polo centro da vila, desta volta polo paso inferior que une a rúa Eloy Rodríguez Barrios coa Avenida da Deputación, chegando ata a Casa do Río Cigüeño.

 

Artigos relacionados

Back to top button