Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima horaVídeos

Paseo pola Rúa do membro da candidatura do PP por Ourense, Xosé Manuel Merelles

 

Onte estivo na feira de Viloira, no Barco e hoxe facíao na de Fontei, na Rúa. Acompañado de diversos representantes do PP de Valdeorras, entre eles varios concelleiros do Partido Popular de A Rúa, de Gabriel Alén e Ánxeles Vázquez, Xosé Manuel Merelles, número 11 da candidatura desta formación política pola provincia de Ourense, facía un reparto de información na feira, ao tempo que saudaba e intercambiaba conversas coa veciñanza.

 

 

Merelles é natural da Rúa antes de chegar á feira daba un paseo pola vila. Tamén mantiña unha reunión con representantes do Partido Popular de A Rúa na sede.

Pola tarde visitará As Ermitas.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button