Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Patricia Domínguez Barja, candidata socialista á alcaldía de Trives

Presentábase nun acto celebrado na tarde do 4 de abril na vila coa asistencia dos candidatos ao Congreso e ao Senado por Ourense e do secretario provincial socialista, Rafael Rodríguez

A lista ás vindeiras eleccións municipais en Trives estará encabezada por Patricia Domínguez Barja. A candidata dábase a coñecer nun acto público celebrado na tarde do 4 de abril en Trives, ante a presenza dos candidatos e candidatas a Congreso e Senado, executiva local, provincial, o secretario provincial, Rafael Rodríguez, así como de militantes de toda a comarca trivesa.

Domínguez Barja aseguraba que decidiu dar este paso e presentarse por vez primeira á fronte dunha lista “movida pola petición dos meus vecilos e compañeiros e, sobre todo, para darlle un volco importante ao pobo, para intentar que veña máis poboación e que a que hai se asente aquí, que haxa un futuro mellor en Trives”.

Tamén resaltaba a importancia de que haxa unidade en Trives e na súa comarca e adiantaba dende o partido socialista “imos propoñer unha serie de medidas innovadoras baseadas na identidade desta zona para intentar difundir os nosos sinais de identidade”.

A cabeza de lista socialista tamén fala da necesidade de crear emprego e calidade na zona e resalta que “cremos no pequeno comercio, na agricultura, na gandeiría e tamén na posta en valor dos recursos naturais que aínda temos sen explotar e na do noso patrimonio cultural, que é enorme. Temos que darlle proxeción nacional e internacional e hai moitos fondos europeos dos que podemos botar man”.

Artigos relacionados

Back to top button